O Goberno de Ourense autoriza axudas a 8 proxectos de rehabilitación de vivendas por un total de 80.000 euros | Observatorio de Vivenda

O Goberno de Ourense autoriza axudas a 8 proxectos de rehabilitación de vivendas por un total de 80.000 euros

O Goberno de Ourense autoriza axudas a 8 proxectos de rehabilitación de vivendas por un total de 80.000 euros

A xunta de goberno do Concello de Ourense aprobou as axudas para impulsar oito proxectos de reforma emprazados nalgunha do catro áreas de rehabilitación urbana de Ourense por un total, de 79.322,55 euros.

Concretamente, trátase de tres axudas para o ARRU do centro histórico, (dous por importe de 2.690 euros e outra por 4.287,50 euros); outras tres na área de O Polvorín – Camelias – Carballeira, que ascenden a 8.179, 25.561 e 8.533 euros, respectivamente; unha para unha rehabilitación no núcleo etnográfico de Seixalbo por importe de 18.253 euros, e unha na zona comprendida entre Serra San Mamede – Cruceiro Quebrado – Inmaculada, de 9.127 euros.

Fonte | Faro de Vigo