O Goberno de Reino Unido publica unha moratoria da Lei de Protección contra o desaloxo | Observatorio de Vivenda

O Goberno de Reino Unido publica unha moratoria da Lei de Protección contra o desaloxo

O Goberno de Reino Unido publica unha moratoria da Lei de Protección contra o desaloxo

No pasado mes de agosto, o Goberno de Inglaterra puxo en marcha o Reglamento 2020 da Lei sobre o Coronavirus, concretamente en relación aos arrendamentos residenciais e á protección contra o desaloxo, mediante o cal establecíase que os propietarios das vivendas están obrigados a avisar aos inquilinos con seis meses de antelación da súa intención de buscar a posesión do inmoble, salvo nos casos máis graves. 

Así, o pasado día 7 de setembro, o Departamento encargado enviou unha carta ás autoridades locais do país na que se lles notificaba a prórroga das medidas de emerxencia relativas aos prazos de preaviso que entraron en vigor o 29 de agosto de 2020, de forma que as medidas serán de aplicación en todo o territorio de Inglaterra ata novo aviso.

Fonte | Government UK