O goberno do Reino Unido inviste 260 millóns de libras en persoas en risco de quedar sen vivenda | Observatorio de Vivenda

O goberno do Reino Unido inviste 260 millóns de libras en persoas en risco de quedar sen vivenda

O goberno do Reino Unido inviste 260 millóns de libras en persoas en risco de quedar sen vivenda

O goberno do Reino Unido manifestou o seu compromiso fronte á realidade de miles de persoas en risco de quedar sen vivenda. As dificultades para facer fronte ao crecente prezo da vivenda, xunto coa precarización laboral, situou en grave risco a un colectivo grande da sociedade, polo que o goberno decidiu investir 260 millóns de libras, máis de 300 millóns de euros, para repartir entre máis de 300 concellos e apoiar a estas persoas. O apoio traducirase en contías económicas para pagar a renda, axudas para atopar vivendas sostibles e prestación de outros servizos necesarios.

Fonte| Goberno do Reino Unido