O Goberno dotará en servizo público 20.000 vivendas da Sareb para facilitar o acceso á vivenda | Observatorio de Vivenda

O Goberno dotará en servizo público 20.000 vivendas da Sareb para facilitar o acceso á vivenda

O Goberno dotará en servizo público 20.000 vivendas da Sareb para facilitar o acceso á vivenda

Segundo a Ministra de Vivenda e Axenda Urbana, Isabel Rodríguez, o Goberno traballa na posibilidade de dotar e poñer en servizo público unhas 20.000 vivendas da Sareb en España, como parte da política de Vivenda do Estado para dar resposta ao problema de acceso á vivenda. A Ministra afirma que a Sareb, ademáis de vivendas, ten solos e o Goberno está a traballar coas comunidades autónomas e os concellos, vendo a posibilidade de esos territorios para poñelos a interese e ao servizo público na política de vivenda. 

A colaboración dos fondos de recuperación para as políticas de vivenda, concretamente no País Vasco, superaron a provisión de máis de 1.100 vivendas, e van permitir actuar sobre a rehabilitación do entorno de 15.000 vivendas en todo Euskadi. O Goberno en colaboración co goberno vasco invertiron 230 millóns de euros dos fondos europeos, incorporando esa suma á Axenda Urbana no que se refire a rehabilitación de vivendas. 

A ministra nas súas declaracións tamén valorou positivamente o traballo realizado pola Consellería de Vivenda de Euskadi para solucionar o problema de acceso á vivenda na comunidade, coa práctica de programa que hoxe están sendo implementados, observados e analizados como programas de boa práctica noutras partes de España, así como a axilidade para implementar esos fondos. 

Fonte.- EuropaPress