O goberno duplica o gasto para a compra de chan público destinado a alugueiros sociais | Observatorio de Vivenda

O goberno duplica o gasto para a compra de chan público destinado a alugueiros sociais

O goberno duplica o gasto para a compra de chan público destinado a alugueiros sociais

O goberno aprobou no consello de ministros de hoxe unha transferencia adicional durante este ano de 145 millóns ao Sepes, a sociedade estatal de xestión do chan, para acelerar a compra de terreos públicos novos, en desuso ou obsoletos. O obxectivo é impulsar a oferta de vivenda coa construción de inmobles destinados ao alugueiro alcanzable, é dicir, por baixo do prezo de mercado.

Co investimento aprobado hoxe, o Goberno eleva a 260 millóns a transferencia ao Sepes. O obxectivo principal deste traspaso adicional ao orzado, segundo admite o Ministerio de Transportes, é “pechar a Operación Campamento, a maior promoción inmobiliaria en Madrid dos últimos anos".

 

Fonte: La Vanguardia