O Goberno envía a Comisión Europea o seu plan para rehabilitar 1,2 millóns de casas | Observatorio de Vivenda

O Goberno envía a Comisión Europea o seu plan para rehabilitar 1,2 millóns de casas

 O Goberno envía a Comisión Europea o seu plan para rehabilitar 1,2 millóns de casas

O Ministerio de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana enviou á Comisión Europea unha actualización da 'Estratexia a longo prazo para a rehabilitación enerxética no sector da edificación en España', na que se inclúe o seu plan para rehabilitar 1,2 millóns de vivendas en España e pretende cambiar 3,5 millóns de sistemas de calefacción e aire acondicionado cunha inversión de 25.951 millóns de euros. 

O documento conta con case 400 folios nos que se traza un plan con escenarios de intervención, medidas e indicadores de progreso para a rehabilitación do parque edificado, a transformación económico rentable dos edificios existentes en edificios de alta eficiencia enerxética e a descarbonización do sector no ano 2050. Ademáis, tamén se recollen os obxectivos plantexados na Estratexia Nacional contra a Pobreza Enerxética 2019-2024, relacionados coa rehabilitación enerxética dos edificios. 

 

Fonte | idealista