O Goberno galego entrega dúas vivendas de promoción pública nos concellos de Cervo e Valadouro | Observatorio de Vivenda

O Goberno galego entrega dúas vivendas de promoción pública nos concellos de Cervo e Valadouro

O Goberno galego entrega dúas vivendas de promoción pública nos concellos de Cervo e Valadouro

A Xunta entregou aos respectivos adxudicatarios dúas vivendas de promoción pública (VPP) nos municipios de Cervo e O Valadouro, ambas en réxime de alugamento. A primeira está situada na rúa Vía Láctea e conta cuns 65 metros cadrados e tres dormitorios; mentres que a do Valadouro está na rúa José Antonio Ferreiro González, ten 90 metros cadrados e dispón de catro dormitorios.

Na entrega das chaves participou o delegado territorial da Administración autonómica en Lugo, Javier Arias, quen lembrou que as persoas interesadas en optar a estas adxudicacións deben inscribirse no rexistro único de demandantes de vivenda de Galicia, un trámite sinxelo que pode realizarse de forma electrónica e posibilita o acceso aos sorteos das vivendas de promoción pública.

Fonte.- Xunta