O Goberno galego ten previsto construír vinte novas vivendas de promoción pública en Mos | Observatorio de Vivenda

O Goberno galego ten previsto construír vinte novas vivendas de promoción pública en Mos

O Goberno galego ten previsto construír vinte novas vivendas de promoción pública en Mos

Ángeles Vázquez visitou a parcela de 2.000 m2 na que está prevista a construción de ao redor de 20 vivendas de promoción pública

A conselleira visitou a parcela de 2.000 metros cadrados que o Concello de Mos ten previsto ceder á Xunta para a construción de ao redor de 20 vivendas públicas na localidade, cun investimento inicial estimado de 3 millóns de euros.

Logo de explicar que, unha vez se formalice a xestión, o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) procederá á redacción do correspondente proxecto, Ángeles Vázquez subliñou que o Concello xa está facilitando as inscricións dos interesados no rexistro de demandantes de vivenda, que é un requisito imprescindible para contar con vivendas de promoción pública.

Para concluír, a conselleira salientou que Mos é “un claro exemplo de concello comprometido cos seus veciños” ao dotar o municipio de espazos públicos de calidade e ao contribuír a garantir o acceso á vivenda a aqueles colectivos que máis dificultades teñen.

Fonte.- Xunta