O Goberno limitará os desafiuzamentos na futura lei de vivenda | Observatorio de Vivenda

O Goberno limitará os desafiuzamentos na futura lei de vivenda

O Goberno limitará os desafiuzamentos na futura lei de vivenda

O Goberno propúxose ampliar a proteción fronte aos desafiuzamentos na futura lei de vivenda, mediante o freo, en principio, a aqueles referidos aos procedementos civís, deixando fora aos penais.

Desta forma, no suposto de que un inquilino fora a ser expulsado, podería declarar a súa vulnerabilidade ante o xuíz. Ante iso, o tribunal debe pedir un informe aos servizos sociais, o que suspende o proceso de desafiuzamento un mes, se o propietario do inmoble é unha persoa, ou tres meses se é unha empresa. Superado ese período, o procedemento continúa con normalidade.

Así, o pactado ata o momento foi ampliar os supostos que permiten acollerse a esa medida, xa que agora limítase esta posibilidade a inquilinos cun contrato de arrendamento cuxo desaloxo se pide por non pagar a renda ou por incumplir dito contrato. En adiante, a lei tamén recollerá os casos de cesións en precario (que alguen deixara unha casa a outra persoa, por exemplo) pero tamén a algúns casos de ocuupacións ilegais ou outras disputas sobre quen ten lixitimidade para o uso da vivenda.

O demandado, polo tanto, terá nos supostos anteriores dereito a alegar vulnerabilidade e que se paralice o proceso ata que se elabore un informe dos servizos sociais. 

Fonte | El País