O Goberno ofrece 900 millóns en axudas para impulsar o autoconsumo na vivenda | Observatorio de Vivenda

O Goberno ofrece 900 millóns en axudas para impulsar o autoconsumo na vivenda

O Goberno ofrece 900 millóns en axudas para impulsar o autoconsumo na vivenda

O Goberno vai lanzar un paquete de axudas que ascende a 1.320 millóns de euros destinado a impulsar o consumo de enerxía renovable de proximidade (autoconsumo), o almacenamento e o consumo en sistemas de climatización e auga quente sanitaria con renovables. 

A maior partida será de uns 900 millóns de euros para o autoconsumo enerxético, mentres que 220 millóns destinaranse para o almacenamento detrás do contador, e outros 200 millóns a renovables en sistema de climatización e auga quente sanitaria.

En concreto, estas axudas terán unha repartición inicial territorializado, de forma que aqueles territorios que executen a súa partida inicial gozarán dunha nova dotación de maneira inmediata e articularanse por medio de seis grandes programas que inclúen o autoconsumo e almacenamento no sector servizos, que contará con 120 millóns de euros para autoconsumo e 20 millóns para almacenamento; o autoconsumo e almacenamento para a industria e agropecuario, con 175 millóns e 25 millóns para almacenamento; ou a incorporación do almacenamento en autoconsumos existentes en sectores económicos, que estará dotado de 45 millóns, ademáis da liña destinada ao autoconsumo no residencial e no terceiro sector.

Fonte | Idealista