O Goberno pagará ata o 100% das rehabilitacións en edificios de vivendas cos fondos europeos | Observatorio de Vivenda

O Goberno pagará ata o 100% das rehabilitacións en edificios de vivendas cos fondos europeos

O Goberno pagará ata o 100% das rehabilitacións en edificios de vivendas cos fondos europeos

Ante a inminente chegada de 72.000 millóns de euros dos fondos europeos, o Goberno pretende conceder axudas para rehabilitar vivendas polas que os propietarios obterán entre o 35% e o 100% do custo das obras, grazas ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia da Economía española.

Dentro deste plan, a Administración planea destinar 5.800 millóns de euros a distintos programas de rehabilitación, aínda que o principal foco de atención será a mellora enerxética dos edificios. O maior montante económico da partida, un 70%, será para as vivendas, mentres que o outro 30% terá como fin rehabilitar edificios públicos e repartirase a partes iguais entre o Estado, comunidades autónomas e concellos.

Fonte | El País