O Goberno permite a promotores privados construír vivendas de alugueiro social en solos públicos | Observatorio de Vivenda

O Goberno permite a promotores privados construír vivendas de alugueiro social en solos públicos

O Goberno permite a promotores privados construír vivendas de alugueiro social en solos públicos

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana presentou un novo real decreto-lei para impulsar a construción de vivendas en réxime de alugueiro social en solos públicos por parte de promotores privados. Os inversores privados encargaríanse da construción e xestión destas vivendas de alugueiro social a cambio dunha concesión do dereito de superficie deses solos públicos por un período de tempo que pode alcanzar os 75 anos. 

Ademáis, o decreto aprobado no Consello de Ministros e do que falta a súa publicación no Boletín Oficial do Estado (BOE) abre a posibilidade de que non teñan que pagar nada polo canon que legalmente teñen que pagar polo uso de solos públicos de calquer administración ou ente público. 

Tal e como declarou o ministro de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, "esta medida ten un propósito de dinamizar a economía, atraer a inversión e xerar un parque de vivenda público que actualmente atópase apenas nun 2,5% do total de vivendas en España". 

 

Fonte | idealista