O Goberno portugués dará un prazo de cen días para por en alugueiro as vivendas baleiras | Observatorio de Vivenda

O Goberno portugués dará un prazo de cen días para por en alugueiro as vivendas baleiras

O Goberno portugués dará un prazo de cen días para por en alugueiro as vivendas baleiras

O Goberno de Portugal está sometendo a consulta pública diversas medidas en materia de vivenda do seu programa Máis Vivenda para coñecer as valoracións da cidadanía ante as propostas a adoptar. Entre as medidas levadas a consulta esta a mobilización de vivendas baleiras que poderán ser postas en alugueiro de maneira forzosa despois de cen días despois da petición do concellos para a súa posta no mercado se están en condicións de habitabilidade. Os gobernos locais pedirán os propietarios con inmobles baleiros que terán dez días para dar resposta ,que en caso de ser negativa ou inexistente, aos 90 días estes poden ser postos nos mercado de alugueiro de forma forzosa ademáis de poder rehabilitar aqueles que o necesiten.

O Executivo do país veciño adiantou que quedarán excluídas desta medida aquelas as segundas vivendas, de emigrantes ou persoas que residan fora por motivos laborais.  

Fonte.- Portugal News