O Goberno propón medidas para axilizar a construción de vivenda favorecendo as licenzas rápidas para constructores | Observatorio de Vivenda

O Goberno propón medidas para axilizar a construción de vivenda favorecendo as licenzas rápidas para constructores

O Goberno propón medidas para axilizar a construción de vivenda favorecendo as licenzas rápidas para constructores

Este xoves, durante unha reunión co sector inmobiliario e financeiro, así como os sindicatos Unión Xeral de Traballadores e Comisións Obreiras, o presidente do Goberno plantexou como principal iniciativa para aumentar a oferta de vivenda fomentar o investimento na construción. Considera que unha parte dos malos datos na construción corresponden directamente ao atraso nos trámites de construción, o que axuda a dificultar o acceso á vivenda.

Neste encontro tamén se propuxo a modificación da orde ECO 805/2003, do 27 de marzo, que se relaciona coa taxación de activos inmobiliarios, e que actualmente dificulta o uso de licenzas rápidas para iniciar promocións de vivenda. Este cambio promoveuse desde o Ministerio de Economía e sairá a consulta pública para contribuír a axilizar a promoción de nova vivenda e facilitar o financiamento aos promotores privados e públicos. 

A esta iniciativa súmase a modificación da Lei de Solo, proxecto que se atopa en tramitación parlamentaria exprés, e a regulación dos pisos turísticos. A Ministra de Vivenda insistiu neste punto na necesidade de buscar puntos en común para impulsar a construción de vivenda, particularmente a prezos alcanzables. 

Fonte.- Publico