O Goberno reactiva a "Operación Campamento" : 12.000 novas vivendas en Madrid, o 60% públicas | Observatorio de Vivenda

O Goberno reactiva a "Operación Campamento" : 12.000 novas vivendas en Madrid, o 60% públicas

O Goberno reactiva a "Operación Campamento" : 12.000 novas vivendas en Madrid, o 60% públicas

O Presidente do Goberno, Pedro Sánchez, anunciou durante o Debate do Estado da Nación a posta en marcha da "Operación Campamento o que supón  a cosnstrucción de 12.000 novas vivendas en Madrid das que o 60% serán de titularidade pública. Desta forma retómase un proxecto que comezou a tomar forma no 1989 e no que se pretendía construir nos case 9 millons de metros cadrados de terreos que Defensa ten no sur de Madrid esas 12.000 vivendas.

Este proxecto estivo a piques de saír adiante en 2005 e 2013 pero dende entón quedou en suspenso debido a unha sentencia do Tibrunal Supremo no 2012 que prohibía o planteamento urbanístico dos novos barrios da capital, incluido o de Campamento.

Agora o Goberno quere sacar adiante esta iniciativa que terá que contar co apoio do Concello de Madrid, co que xa iniciou conversas en febreiro de 2020. En febreiro daquel ano, o Ministerio de Facenda publicou o anuncio previo do proxecto de execución do Paseo Verde do Suroeste, cun valor estimado do contrato de 4.135.250,00 euros. Foi un primeiro paso para soterrar os 3,8 quilómetros do Paseo de Estremadura que transcorren entre a avenida de Portugal e o cruzamento coa avenida dos Poboados. Ese cambio permitiría que por ese terreos pase tamén o Bosque Metropolitano, que se integraría na parte de chan non urbanizable, para unir o arroio de Meaques coa Casa de Campo. E ao seu ao redor construiríanse as 12.000 vivendas prometidas este martes por Sánchez, o 60% das cales serían públicas.

Fonte.- ElPaís