O Grupo LaFinca presenta a súa primeira promoción con vivendas adaptadas á nova normalidade | Observatorio de Vivenda

O Grupo LaFinca presenta a súa primeira promoción con vivendas adaptadas á nova normalidade

 O Grupo LaFinca presenta a súa primeira promoción con vivendas adaptadas á nova normalidade

Grupo LaFinca ven de presentar a súa primeira promoción inmobiliaria con vivendas adaptadas á nova normalidade que trouxo a COVID-19. Trátase de 92 vivendas ubicadas no municipio madrileño de Pozuelo de Alarcón que teñen dispoñibles apartamentos dunha habitación e casas de dúas e tres habitacións con tamaños que van dende 85 a 170 metros cadrados, aos que hai que sumar dúas prazas de garaxe por unidade. En canto ao prezo, é a partir dos 390.000 euros. 

A gran novidade desta promoción son as denominadas COVIT Rooms (Centros Operativos de Visualización Integral Técnica), que consisten en catro salas de ata 14 m2, perfectamente equipadas para realizar videochamadas sen molestias nin ruídos, ca máxima confidencialidade, tranquilidade e calidade. 

No exterior, a urbanización conta cas máximas garantías de seguridade e máis de 12.000 metros cadrados de xardíns dentro dun entorno natural no noroeste da capital. 

 

Fonte | El Español