O IGVS adxudica tres vivendas de promoción pública no Casco Vello vigués | Observatorio de Vivenda

O IGVS adxudica tres vivendas de promoción pública no Casco Vello vigués

O IGVS adxudica tres vivendas de promoción pública no Casco Vello vigués

A delegada da Xunta e presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), Marta Fernández-Tapias, deu hoxe apertura ao sorteo de tres vivendas de promoción pública na fase final de adxudicación por parte do Instituto Galego de Vivenda e Solo.

En total, 84 persoas aspiraban á adquisición das tres vivendas en liza, a situada no segundo piso da rúa Real 25, e as dúas vivendas rehabilitadas no edificio que ocupa a promoción Cruz Verde 12, impulsadas polo consorcio.

Neste contexto, recordouse que nos últimos anos, grazas á labor desenvolta polo Consorcio Casco Vello de Vigo fixose realidade a adquisición de 82 inmobles, nos que se rehabilitaron 108 vivendas e 33 locais.

Segundo dixo, a política da Xunta nesta materia vén a cubrir unha carencia manifesta na cidade co maior número de demandantes de vivenda en Galicia.

Fonte | Xunta de Galicia