O IGVS amplía ata o 30 de setembro o prazo para xustificar as axudas para obras de accesibilidade e conservación en vivendas ante os retrasos xerados pola falta de materiais e man de obra | Observatorio de Vivenda

O IGVS amplía ata o 30 de setembro o prazo para xustificar as axudas para obras de accesibilidade e conservación en vivendas ante os retrasos xerados pola falta de materiais e man de obra

O IGVS amplía ata o 30 de setembro o prazo para xustificar as axudas para obras de accesibilidade e conservación en vivendas ante os retrasos xerados pola falta de materiais e man de obra

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda amplía ata o 30 de setembro do ano que vén o prazo para poder executar e xustificar as obras subvencionadas con cargo ao programa de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas e edificios residenciais, segundo foi publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Esta resolución, que tamén aproba unha nova ampliación da dotación orzamentaria da convocatoria en 1,28 millóns de euros, permitirá ás persoas e comunidades de veciños beneficiarias destas axudas dispoñer de 10 meses máis para rematar os traballos e presentar toda a documentación correspondente. 

A decisión de ampliar o prazo de xustificación responde á actual situación do sector da construción, onde a falta de materiais e de man da obra está a afectar ao ritmo de traballo, atrasando o inicio das actuacións contratadas e alongando os prazos de execución.

Fonte | Xunta de Galicia