O IGVS anuncia que todas as medidas contra a exclusión residencial do pacto social pola vivenda están xa en execución | Observatorio de Vivenda

O IGVS anuncia que todas as medidas contra a exclusión residencial do pacto social pola vivenda están xa en execución

O IGVS anuncia que todas as medidas contra a exclusión residencial do pacto social pola vivenda están xa en execución

O Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) anunciou onte que todas as medidas incluídas no eixo dedicado á loita contra a exclusión residencial no marco do Pacto social pola vivenda 2021-2025 están xa en execución. 

Desta forma, a Xunta ten en marcha diversas liñas de actuación dirixidas a garantir o acceso á vivenda dos colectivos máis desfavorecidos, cunha dotación orzamentaria para 2021 de preto de 8 millóns de euros. Entre elas, destaca o Bono de alugueiro social ou o Bono de alugueiro social para vítimas de violencia de xénero, que actualmente cobran o 100% do custo do alugueiro das persoas beneficiarias.

Á parte destas axudas, o IGVS tamén concede subvencións para a rehabilitación de infravivendas en concellos de menos de 10.000 habitantes e colabora con organismos de carácter social na resolución dos problemas de tipo residencial dos máis desfavorecidos.

Fonte | Xunta de Galicia