O IGVS inicia os trámites para rehabilitar tres novos inmobles do programa Rexurbe adquiridos en Ferrol | Observatorio de Vivenda

O IGVS inicia os trámites para rehabilitar tres novos inmobles do programa Rexurbe adquiridos en Ferrol

O IGVS inicia os trámites para rehabilitar tres novos inmobles do programa Rexurbe adquiridos en Ferrol

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda continúa avanzando na rehabilitación dos inmobles adquiridos en Ferrol Vello, no marco do programa Rexurbe. Así, esta semana, o IGVS solicitou a licenza municipal de obras para a rehabilitación de tres inmobles, os emprazados na rúa Carme Curuxeiras 8 e 22-24 e na rúa Rastro 7.

Nestes tres inmobles, cuxas obras se prevén licitar proximamente, obteranse sete vivendas e un local comercial, para o cal o Goberno galego destina un investimento de máis de 1,6 millóns de euros, que se suman aos preto de 200.000 euros investidos na súa adquisición.

Ao mesmo tempo, os servizos técnicos do IGVS están tramitando a aprobación técnica doutros sete proxectos de rehabilitación, para os que está previsto solicitar a licenza municipal no mes de marzo. Nestes inmobles prevese obter un total de 15 vivendas, cun investimento nas obras de rehabilitación de máis de 3,1 millóns de euros que se sumarán aos máis de 544.000 euros investidos na súa adquisición.

Fonte | Xunta de Galicia