O IGVS mediará no conflito entre veciños e empresa compradora dun edificio da Patiña, en Cambre | Observatorio de Vivenda

O IGVS mediará no conflito entre veciños e empresa compradora dun edificio da Patiña, en Cambre

O IGVS mediará no conflito entre veciños e empresa compradora dun edificio da Patiña, en Cambre

O Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) expresou a súa vontade de mediar no conflito existente entre os veciños da Patiña, en Cambre, coa empresa que se fixo cun edificio onde residían persoas en risco de exclusión social, e se beneficiaban de alugueiros sociais. Os veciños temen pola situación que pode desencadear a venda do edificio e quéixanse de abandono e non estar informados das medidas que levará a cabo a empresa compradora, situación especialmente delicada pola natureza dos residentes. Por ese motivo, a Xunta, por medio do IGVS, púxose en contacto co novo propietario e mediará para asegurar o respecto ás necesidades dos inquilinos.

Fonte.- La Voz de Galicia