O IGVS organiza un webinar o próximo martes 30 de novembro sobre as axudas dos fondos Next Generation para vivenda | Observatorio de Vivenda

O IGVS organiza un webinar o próximo martes 30 de novembro sobre as axudas dos fondos Next Generation para vivenda

O IGVS organiza un webinar o próximo martes 30 de novembro sobre as axudas dos fondos Next Generation para vivenda

O próximo martes 30 de novembro, o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) organiza unha sesión informativa en liña sobre as axudas dos fondos Next Generation para vivenda co obxectivo de informar sobre as convocatorias de axudas xurdidas dos fondos europeos destinados á rehabilitación de vivendas e construción de vivenda para alugueiro.

O acto está dirixido especialmente a empresas e profesionais da construción, reformas, rehabilitación e sectores afins de vivendas pola temática seguida no evento.

O programa deseñado para a sesión é o seguinte: 

12:00 h. Benvida e presentación a cargo de Heriberto García Porto (Director xeral do IGVS) e Miguel Ángel Bernárdez, Vicepresidente de Federgal

12:10 h. Informacións xerais das próximas convocatorias de axudas

  • Axudas dos fondos Next Generation da Unión Europea para vivenda
  • Axudas do Programa de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes (Pree)
  • Previsión de novas convocatorias a curto e medio prazo
     

12:40 h. Debate e rolda de preguntas

Fonte | Observatorio da Vivenda de Galicia