O IGVS publica unha guía sobre as axudas para obras de rehabilitación de Eficiencia Enerxética en vivenda | Observatorio de Vivenda

O IGVS publica unha guía sobre as axudas para obras de rehabilitación de Eficiencia Enerxética en vivenda

O IGVS publica unha guía sobre as axudas para obras de rehabilitación de Eficiencia Enerxética en vivenda

O Instituto Galego de Vivenda e Solo elaborou unha guía sobre as axudas para obras de rehabilitación de Eficiencia Enerxética en vivenda co fin de acercar e dar unha orientación das axudas para eficiencia enerxética de edificios, no marco dos fondos europeos de recuperación.

No documento trátanse os conceptos básicos sobre eficiencia enerxética, as axudas, contías e beneficios fiscais, os programas para o financiamento de obras de eficiencia enerxética e un exemplo práctico que axudará á cidadanía a entender e coñecer os procedementos e requisitos necesarios para ser beneficiarios destas axudas.

A guía atópase dispoñible para a súa descarga na seguinte ligazón: https://www.observatoriodavivenda.gal/gl/utilidades/guia-sobre-axudas-para-obras-de-rehabilitacion-de-eficiencia-enerxetica-en-vivenda