O IGVS subvenciona a reconversión do antigo centro médico de Carballedo no Concello de Cerdedo-Cotobade en catro vivendas sociais  | Observatorio de Vivenda

O IGVS subvenciona a reconversión do antigo centro médico de Carballedo no Concello de Cerdedo-Cotobade en catro vivendas sociais 

 O IGVS subvenciona a reconversión do antigo centro médico de Carballedo no Concello de Cerdedo-Cotobade en catro vivendas sociais 

O Concello de Cerdedo-Cotobade pon en marcha un novo proxecto de vivenda, trátase da rehabilitación do antigo centro médico de Carballedo para convertilo en casas que se porán no mercado baixo o formato de alugueiro social co obxectivo de permitir o asentamentos de familias con poucos recursos. 

O proxecto contempla a creación de catro vivendas sociais e esixirá unha inversión global de 374.000 euros dos que o Concello xa conta cunha primeira subvención de 192.000 euros otorgada por parte do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS). 

 

Fonte | Faro de Vigo