O INE rexistrou unha caída das compravendas de vivenda en España durante febreiro | Observatorio de Vivenda

O INE rexistrou unha caída das compravendas de vivenda en España durante febreiro

O INE rexistrou unha caída das compravendas de vivenda en España durante febreiro

Os datos do INE rexistraron unha caída do 6,6% interanual no número de compravenda de vivendas ata as  50.186 operacións durante febreiro.

No caso das vivendas usadas o retroceso foi do 5,5% interanual  ata as 40.479 transaccións polas 9.707 de vivendas novas, cun retroceso do 11,1%, mentres que, no caso das vivendas libres e protexidas retrocederon un 6,5% e un 7,9% ata as 46.255 e 3.931 compravendas respectivamente.

Por comunidades, as que máis operacións rexistraron foron Andalucía, con 9.795 , seguida da Comunidade Valenciana (8.241), Cataluña (7.857) e  Madrid (6.388) mentres que as que amosaron os maiores crecementos foron Asturias (+19,9%) e Comunidade Valenciana (+2,9%) polos decrecementos máis destacados que foron en A Rioxa (-23,6%), Cantabria (-17,9%), Estremadura (-16%) e Madrid (-15,6%).

Fonte.- Europa Press