O informe de Precioviviendas.com conclúe unha baixada xeral do prezo da vivenda nos grandes concellos | Observatorio de Vivenda

O informe de Precioviviendas.com conclúe unha baixada xeral do prezo da vivenda nos grandes concellos

O informe de Precioviviendas.com conclúe unha baixada xeral do prezo da vivenda nos grandes concellos

Do informe elaborado pola empresa Precioviviendas.com extraemos que, en consonancia coa tendencia rexistrada en España, o prezo da vivenda en Ferrol descendeu en 2019 un 1,1 % con respecto ao ano anterior. Este descenso supón a caída menos acusada das sete cidades galegas, con excepción de Vigo que se sitúa por debaixo do 1 %. 

O informe inclúe concellos de máis de 25.000 habitantes polo que tamén presenta datos de Narón, onde o prezo da vivenda baixou un 3,2 %, o triple que en Ferrol. O valor medio do metro cadrado sitúase nos 976 euros en Narón fronte aos 817 da cidade de Ferrol. 

En comparación cas seis cidades galegas restantes, o valor do metro cadrado en Ferrol é 1.064 euros máis baixo que en A Coruña, onde o metro cadrado sitúase en 1.881 euros, e ata 1.227 euros menos que en Santiago de Compostela, onde o metro cadrado elevouse a cifra dos 2.044 euros. A capital de Galicia foi o único gran núcle no que aumentou o prezo da vivenda no ano 2019.

 

Fonte | Diario de Ferrol