O Instituto Galego da Vivenda e Solo sortea cinco vivendas de promoción pública no Concello de Ferrol | Observatorio de Vivenda

O Instituto Galego da Vivenda e Solo sortea cinco vivendas de promoción pública no Concello de Ferrol

 O Instituto Galego da Vivenda e Solo sortea cinco vivendas de promoción pública no Concello de Ferrol
  • A lista de adxudicatarios provisionais e de reservas está publicada na web do IGVS

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda vén de realizar o sorteo de cinco vivendas de promoción pública propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) e emprazadas no concello de Ferrol. Catro dos inmobles sorteados dispoñen de tres dormitorios cada unha e o quinto, ten dous dormitorios.

O sorteo realizouse entre todos os inscritos no Rexistro de de Demandantes de Vivenda, e nestes momentos xa está publicada a lista de adxudicatarios provisionais e de reservas na web oficial do IGVS.

A partir de agora, persoal do instituto iniciará o procedemento de revisión da documentación presentada tanto polos adxudicatarios como polos demandantes que figuran como reservas antes de proceder á elaboración do listado definitivo de persoas ás que se lles outorgarán estas cinco vivendas. A partir desta lista, iniciarase o procedemento para proceder á entrega das vivendas aos beneficiarios.

 

Fonte.- Xunta de Galicia

 

 

 

 

 

Fonte.- Xunta de Galicia