O Instituto Galego de Vivenda e Solo analizará a proposta do Concello de Ribadavia para a delimitación da Área Rexurbe  | Observatorio de Vivenda

O Instituto Galego de Vivenda e Solo analizará a proposta do Concello de Ribadavia para a delimitación da Área Rexurbe 

O Instituto Galego de Vivenda e Solo analizará a proposta do Concello de Ribadavia para a delimitación da Área Rexurbe 

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda traslada ao alcalde de Ribadavia que o Instituto Galego de Vivenda e Solo analizará a proposta para a delimitación dunha Área Rexurbe no municipio e, de non ter que introducir cambios nin modificacións, o Concello poderá presentar a solicitude oficial, co fin de que o Consello da Xunta proceda a súa aprobación definitiva no mes de xuño. 

O documento, elaborado e presentado pola Administración loca, recolle as liñas principais de actuación propostas polo Concello para promover a súa recuperación e dinamización, que despois terán que se detallar e ampliar no Plan de Dinamización. Para a redacción deste plan, o Concello conta cun modelo elaborado polo Instituto Galego de Vivenda e Solo, segundo o establecido na Lei de rehabilitación.

Esta nova iniciativa súmase ás actuacións en materia de rehabilitación no municipio, como a oferta de adquisición de inmobles do Programa Rexurbe e das actuacións promovidas na Área de Rehabilitación Integral, declarado no municipio. 

 

Fonte | IGVS