O Instituto Galego de Vivenda e Solo estima en 500 as vivendas de promoción pública existentes en Pontevedra | Observatorio de Vivenda

O Instituto Galego de Vivenda e Solo estima en 500 as vivendas de promoción pública existentes en Pontevedra

O Instituto Galego de Vivenda e Solo estima en 500 as vivendas de promoción pública existentes en Pontevedra

O IGVS afirma que o parque de vivendas de promoción pública da cidade de Pontevedra, tanto en réxime de aluguer ou compravenda, se estima nun medio millar, destacando que o 75 por cento das mesmas se atopa na área de Monte Porreiro. Precisamente nesta zona, o Instituto anunciou a adxudicación das obras de rehabilitación dun edificio de vivendas de promoción pública por un importe de 178.124 euros, obra encadrada no plan de mellora da eficiencia enerxética e financiada polo Instituto Galego e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa FEDER.

Fonte.- Faro de Vigo