O Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) acumula 148 millóns en fianzas de alugueiro, un 45% máis que fai cinco anos | Observatorio de Vivenda

O Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) acumula 148 millóns en fianzas de alugueiro, un 45% máis que fai cinco anos

O Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) acumula 148 millóns en fianzas de alugueiro, un 45% máis que fai cinco anos

Segundo os últimos datos publicados, nos últimos cinco anos, o importe das fianzas entregadas á Xunta disparouse un 45% ao pasar dos 102 millóns rexistrados en 2016 aos máis de 148 a peche de 2020.

Así, no ano da COVID, os depósitos de fianzas no departamento autonómico rozaron os 13,5 millóns de euros, con setembro á cabeza (case dous millóns) e os meses do estado de alarma, á cola (abril foi o que rexistrou o menor volume, con pouco máis de 208.000 euros).

Detrás do repunte no último lustro está o maior coñecemento por parte dos propietarios, pero tamén a intensificación das inspeccións. O temor ás sancións que poden chegar ata os 3.000 euros levaron nos últimos anos a cada vez máis arrendadores a depositar o sinal no IGVS, cantidades que se devolven ao inquilino unha vez finalice o contrato se non hai danos na vivenda ou local arrendado.

A pesar do repunte, a COVID pasou factura ao mercado inmobiliario, xa que en 2020 foron un total de 30.801 os sinales depositados por arrendamentos urbanos, cun prezo medio de entre 421 e 442 euros, segundo datos do Observatorio da Vivienda de Galicia, o que indica que os novos contratos que foron elevados ao IGVS cairon máis dun 8% respecto ao 2019.

Fonte | La Opinión Coruña