O investimento da Xunta na mellora do parque de vivendas en Pontevedra ascende a máis de 1,4 millóns de euros repartidos entre 77 proxectos de eficiencia e conservación | Observatorio de Vivenda

O investimento da Xunta na mellora do parque de vivendas en Pontevedra ascende a máis de 1,4 millóns de euros repartidos entre 77 proxectos de eficiencia e conservación

O investimento da Xunta na mellora do parque de vivendas en Pontevedra ascende a máis de 1,4 millóns de euros repartidos entre 77 proxectos de eficiencia e conservación

Grazas ao impulso e apoio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda na mellora do parque residencial co desenvolvemento de proxectos de eficiencia enerxética, conservación e accesibilidade, foi posible realizar 77 actuacións na cidade de Pontevedra cunha achega de 1.434.000 do Goberno galego ao abeiro do Plan de Vivenda.

Así, só na cidade de Pontevedra, o Goberno galego aprobou 24 axudas para accións de eficiencia enerxética, principalmente en fachadas, cun importe de case 640.000€ e outras 53 para proxectos de conservación, mellora das instalacións e servizos e accesibilidade cunha achega global de 797.000€.

Desta forma destácase a enorme importancia do Plan de Vivenda, xa que permite axudar a moitos cidadáns e comunidades a facer investimentos importantes, que nalgúns casos non poderían facer en solitario, e deste xeito mellorar as condicións dos fogares e inmobles.

Fonte | Xunta de Galicia