O investimento en vivenda para alugar é un 6,5% máis rendible que fai unha década | Observatorio de Vivenda

O investimento en vivenda para alugar é un 6,5% máis rendible que fai unha década

O investimento en vivenda para alugar é un 6,5% máis rendible que fai unha década

Segundo os datos da análise elaborada por Fotocasa "La rentabilidad de la vivienda en España 2021", a rentabilidade da vivenda en España siutouse no 2021 un 6,5%, un 0,3% menos que no 2020. Iso sí, esta cifra lévase incrementando dende os últimos dez anos, cando en 2011 contábamos cunha rentabilidade do 4,3%. Encadeou durante unha década aumentos positivos na rentabilidade, ata o 2021, ano no que se reducíu nun 0,3%. Comparado co no 2011 (4,3%) atopamos un incremento de 2,2 puntos porcentuais.

Se analizamos as comunidades autónomas, a Rexión de Murcia foi a que amosou unha rentabilidade maior en 2021. Tras atoparse no cuarto lugar en 2011 cun 4,3%, no quinto en 2016 cun 5,6% e no segundo lugar da clasificación das comunidades autónomas máis rendibles en 2020, ascende ata o primeiro posto en 2021 cun 7,5% de rendibilidade.

Mentres que a comunidade autónoma menos rendible tanto en 2020 como en 2021 foi Baleares. Polo visto, a comunidade balear ha pasado de ser as segunda CCAA máis rendible en España nos anos 2007, 2008, 2009 e 2016, a ser a menos rendible en 2020 e 2021.

Asimesmo, Galicia atópase na posición décimo primeira, xunto a País Vasco cunha rentabilidade media do 5,5% no 2021.

 

Fonte | Fotocasa