O investimento inmobiliario en España caerá un 30% en 2020 e rozará os 9.000 millóns segundo CBRE | Observatorio de Vivenda

O investimento inmobiliario en España caerá un 30% en 2020 e rozará os 9.000 millóns segundo CBRE

O investimento inmobiliario en España caerá un 30% en 2020 e rozará os 9.000 millóns segundo CBRE

Se ben resistiu á covid-19, o investimento inmobiliario resentiuse neste exercicio tan convulso. Se as previsións se confirman, o investimento inmobiliario en España caerá arredor dun 30% este anno respecto ao 2019 como consecuencia do coronavirus, unha cifra en liña co 25% que se espera que caia en Europa, segundo os datos preliminares de CBRE.

Así, despois dun extraordinario primeiro trimestre no que o sector inmobiliario atraeu un volume de investimento próximo a 4.000 millóns o impacto da pandemia afectou nos trimestres centrais. Entre abril e xuño rexistráronse niveis mínimos non vistos dende 2013 en canto a peches de operacións, se ben entre xullo e setembro o investimento repuntou lixeiramente ata superar os 1.500 millóns de euros. Os investidores internacionais copraon o mercado, representando o 76% do total investido fronte ao 65% do ano anterior.

Por sectores, oficinas representou o 21% do volume total de investimento no inmobiliario español, situándose arredor dos 2.000 millóns de euros (o que supón un descenso do 52% respecto a un anno antes).

No que vai de ano CBRE ten rexistrado un investimento total aproximado de 560 millóns de euros, o que supón cerca dun 75% menos de investimento que a alcanzada en 2019. Non obstante, os expertos de CBRE destacan que existen actualmente algunhas operacións en marcha o que significa que sería posible que se rexistrasen cambios nas cifras preliminares de peche de exercicio nas próximas semanas. 

Fonte | Idealista