O investimento inmobiliario mundial caiu un 28% en 2020, segundo a consultora JLL | Observatorio de Vivenda

O investimento inmobiliario mundial caiu un 28% en 2020, segundo a consultora JLL

O investimento inmobiliario mundial caiu un 28% en 2020, segundo a consultora JLL

Segundo o informe publicado pola consultora JLL, Global Real Estate Perspective (Perspectivas sobre o mercado inmobiliario mundial), os volumes das operacións na totalidade do ano situáronse en 762.000 millóns de dólares (641.233 millóns de euros) en 2020, unha caída do 28% interanual desde o nivel récord de actividade nos mercados de capitais en 2019.

Así, a actividade de investimento a escala mundial no cuarto trimestre deu continuidade á tendencia de desaceleración das caídas trimestrais durante 2020: o investimento no cuarto trimestre do ano rexistrou unha involución interanual do 21%, fronte á caída do 41% do terceiro trimestre e a caída do 50% do segundo trimestre.

Durante o último trimestre do ano, Francia, Alemaña e Estados Unidos rexistraron un volume total de 150.000 millóns de dólares (126.227 millóns de euros), o que representa un incremento da 81 % fronte ao terceiro trimestre de 2020, xa que rexistraron un aumento da demanda dos investidores polos activos con localización céntrica e prezos máis elevados, especialmente os espazos de oficinas "core".

Por outra banda, os sectores que saíron airosos da pandemia en canto a investimento foron loxística e activos multifamiliares.
 

Fonte | Idealista