O mercado da vivenda de EEUU presenta signos de recuperación no mes de maio  | Observatorio de Vivenda

O mercado da vivenda de EEUU presenta signos de recuperación no mes de maio 

O mercado da vivenda de EEUU presenta signos de recuperación no mes de maio 

Segundo a Asociación Nacional de Axentes Inmobiliarios (NAR), o índice que mide os contratos de vendas de vivendas e as operacións pendentes aumentou ata acadar unha cifra récord do 44%. Así, a demanda de vivenda en Estados Unidos volveu a medrar no mes de maio logo de dous meses consecutivos nos que o mercado estivo practicamente paralizado pola crise sanitaria. 

O indicador de vivendas pendentes de vendas considerase un dato importante da actividade residencial en EEUU. Este índice inclúe contratos inmobiliarios firmados xa sea para vivendas unifamiliares, condominios e pisos en cooperativas existentes, pero que aínda non se fecharon. 

Tódalas rexións do país rexistraron incrementos no índice mensual de vivendas pendentes de vendas. A zona de Occidente tivo o maior aumento, un 56% en maio. O noreste aumentou nun 44%, o Sur nun 43% e o Medio Oeste nun 37%. Sen embargo, tódalas rexións descenderon se comparamos con maio do 2019, excepto o Sur, que aumentou un 2% respecto do ano pasado. 

 

Fonte | CNN