O mercado da vivenda en Galicia segue á alza cun 6% máis de vendas que antes da pandemia | Observatorio de Vivenda

O mercado da vivenda en Galicia segue á alza cun 6% máis de vendas que antes da pandemia

O mercado da vivenda en Galicia segue á alza cun 6% máis de vendas que antes da pandemia

O pasado mes de abril, as vendas de vivendas en Galicia aumentaron un 60,1%, ata alcanzar as 1.489 operacións (unha media de 50 cada día), segundo datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE). Trátase dunha tendencia lóxica xa que este exponencial incremento vén marcado polos efectos da pandemia, xa que o estado de alarma co confinamento imposto non deu pé a formalizar operacións de compravenda. 

O groso das operacións de compravenda formalizadas o pasado mes de abril concentrouse na provincia da Coruña, cun total de 734 (case a metade do total), seguida de Pontevedra, onde houbo 514 (34%). Lonxe destas cifras colócanse os rexistros de novos propietarios en Lugo e Ourense: 100, no primeiro caso e 141, no segundo.

Mentres en Pontevedra e A Coruña as vendas de vivendas en relación á prepandemia creceron un 25% e case un 4%, respectivamente; en Lugo e Ourense a tendencia foi á baixa, cun descenso do 25% e do 8,4%.

Fonte | La Opinión Coruña