O mercado inmobiliario crece un 14,6% en Galicia segundo o INE | Observatorio de Vivenda

O mercado inmobiliario crece un 14,6% en Galicia segundo o INE

O mercado inmobiliario crece un 14,6% en Galicia segundo o INE

A compravenda de vivendas creceu en outubro un 14,6% en Galicia en compración co outubro de 2020 segundo datos do INE. O Instituto Nacional de Estadística, informou este luns de que na comunidade leváronse a cabo 1.688 operacións este mes.

A meirande parte das vendas concéntranse en A Coruña (50%) e Pontevedra (29%), Lugo (13,7%) e Ourense (7,3%) realizaron 228 e 122 operacións respectivamente. No conxunto do territorio nacional, os contraros aumentaron nun 22,2% con respecto a outubro de 2020, ata sumar 46.242 operacións. Trátase da maior cifra en outubro dende o ano 2007, ademáis este é oitavo mes consecutivo en positivo.

O alza do mercado explícase polo crecente interés en vivendas de nova construcción, que creceu ata o 21,6% ata as 9.344 operacións, e tamén pola compravenda de pisos usados que aumentou nun 22,4% chegando as 36.898 transaccións. Pero, en termos mensuais a compravenda de vivendas reducíuse nun 13,4%, o maior descenso en outurbo dende fai cinco anos, unha caída compensada pola evolución do mercado en todo o ano. Nos primeiros dez meses de 2021, as operacións creceron nun 35,9%.

En termos absolutos, Andalucía sitúase a cabeza con 9.550 compravendas, seguida de Cataluña con 7.159, Comunidad Valenciana 7.006 e Madrid con 6.300. Así mesmo, as únicas comunidades que recortaron o número de compravendas foron País Vasco e Asturias cun -6,1% e -0,9% respectivamente.

Fonte | La Voz de Galicia