O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana anuncia unha axuda de ata 19.200 euros para a rehabilitación de vivendas | Observatorio de Vivenda

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana anuncia unha axuda de ata 19.200 euros para a rehabilitación de vivendas

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana anuncia unha axuda de ata 19.200 euros para a rehabilitación de vivendas

O ministro de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana concretou este xoves algunhas cifras do plan de rehabilitación de vivendas, que contará con 6.820 millóns de euros dos fondos de recuperación europeos (dos cales 1.000 millóns son para nova promoción) e comezará a chegar este ano. A axuda para a reforma de barrios será de ata 19.200 euros por vivenda, e redúcese ata os 2.000 euros para o programa de rehabilitación de casas individuais.

No caso dos barrios (vivendas en edificios) pódese subvencionar o 80% da obra, é dicir, máis de 19.000 euros por vivenda cando haxa melloras enerxéticas importantes. Estas porcentaxes e importes vanse graduando basicamente por factores ambientais e sociais. Así, no caso de casas individuais, a axuda máxima será de 2.000 euros, o 40% dunha reforma de 5.000, ao que se engadiría unha desgravación fiscal que prepara o Goberno.

Para que a rehabilitación do inmoble sexa financiada, o proxecto deberá ter como fin a redución do gasto eléctrico ou consumo de enerxía primaria non renovable de polo menos o 30%. Desta forma espérase reducir a contaminación dos fogares, responsables do 30% das emisións nacionais.

Fonte | El País