O modelo dos Países Baixos, exemplo de solución ao alugueiro social e á okupación | Observatorio de Vivenda

O modelo dos Países Baixos, exemplo de solución ao alugueiro social e á okupación

O modelo dos Países Baixos, exemplo de solución ao alugueiro social e á okupación

Con porcentaxes de vivenda social por encima do 30%, fronte ao 1,6% de España, Holanda é considerada por algúns expertos un exemplo de éxito á hora de abordar o problema do acceso aá vivenda e o incremento da ocupación: a ocupación ilegal reduciuse un tercio nese país, mentres que en España é un problema á alza.

A través de dúas leis, a lei de ocupación e vacantes de 2010 e a lei de alugueiro temporal de 2016, Holanda creou un marco normativo que aproveita os espazos que non estaban pensados para ser utilizados como vivenda para reconvertilos e darlles uso de alugueiro social. Así, zonas portuarias en declive, zonas loxísticas sen uso e antigos almacéns foron rehabilitados e convertidos en vivendas e, ao abeiro da lei do alugueiro temporal, posibilitouse o seu alugueiro por períodos de corta duración a colectivos desfavorecidos, de rendas baixas, estudantes e parellas mozas a un prezo razoable.

O modelo holandés é ademais un exemplo de colaboración público-privada, xa que non só interveñen as administracións, senón tamén as empresas de xestión do alugueiro, das que en Holanda hai máis de cen.

Fonte | El Economista