O novo urbanismo será verde, aberto, social e será un importante motor económico | Observatorio de Vivenda

O novo urbanismo será verde, aberto, social e será un importante motor económico

O novo urbanismo será verde, aberto, social e será un importante motor económico

Durante o foro sobre urbanismo onde participaron diferentes actores importantes dentro deste ámbito e do sector inmobiliario da comunidade, debatíronse diferentes aspectos sobre o futuro do urbanismo e chegouse á conclusión de que as próximas tendencias destacan a importancia de apostar por un desenvolvemento saludable das metrópolis, especialmente despois das leccións aprendidas da pandemia e o confinamento.

Ademais destacouse no foto tamén a importancia de revalorizar os espazos que xa existen e rexeneralos para convertilos en puntos de encontro, de forma que os proxectos urbanísticos deben contemplar unha mellora das condicións dos cidadáns.

Así, unha das ferramentas máis poderosas do sector para impulsar a nova filosofía urbanística é o Plan Xeral, no que se plantexa a cidade "para vivir, máis que en termos de expansión”, no que hai lugar para espazos de convivencia como zonas verdes, parques ou zonas peonís.

Por último, incidiuse tamén na importancia de conxugar o crecemento das cidades e a saúde en pro dun “urbanismo racional", poñendo o acento no peso do urbanismo nas finanzas dunha cidade, xa que ten un impacto económico moi relevante, con efecto dominó.