O número de demandantes de vivenda pública en Pontevedra crece e achégase o millar | Observatorio de Vivenda

O número de demandantes de vivenda pública en Pontevedra crece e achégase o millar

O número de demandantes de vivenda pública en Pontevedra crece e achégase o millar

O número de demantes de vivenda pública en Pontevedra sitúase en 979 segundo o último rexistro da Xunta. Isto supón 46 demantantes máis que no mes de xullo. O número de persoas apuntadas está en crecemento constante, especialmente tras a última construcción de 132 pisos sociais promovida pola Xunta de Galicia, cuxos apartamentos repartíronse en maio de 2016.

Aínda que existenbolsas de terreo público aínda sen desenrolar, en posesión tanto da Xunta como do Concello, as novas promocións parecen descartarse. Ata o punto de que certas parcelas destínanse a outros usos, como parkings disuasorios ou a venda para promoción privada.

Pontevedra é a cuarta cidade galega con máis demandantes de vivenda pública. Vigo lidera o ranking con 5.832 solicitantes, A Coruña conta con 2.088, Lugo con 1.163, Santiago 743, Ferrol 460 e Ourense 276.

 

Fonte | Diario de Pontevedra