O número de hipotecas rexistra a alza máis moderada dos últimos 5 anos no 2019 | Observatorio de Vivenda

O número de hipotecas rexistra a alza máis moderada dos últimos 5 anos no 2019

O número de hipotecas rexistra a alza máis moderada dos últimos 5 anos no 2019

Segundo os datos publicados hoxe polo Instituto Nacional de Estatística (INE), o número de hipotecas sobre vivendas no 2019 foi de 357.720. Este dato supón un incremento do 2,7 % co respecto aos datos do ano anterior. Tamén, é o incremento máis baixo dende o ano 2014, no que se experimentou un incremento do 2,3 % interanual, despois de 7 anos descendendo.

As Comunidades cos maiores aumentos no número de hipotecas sobre vivenda foron Castela-A Mancha (+17,9 %), Comunidade Valenciana (+6,8 %) e a Rexión de Murcia (+6,1 %). Navarra rexistrou o peor dato (-9,4 %).

O capital prestado en hipotecas sobre vivendas tamén creceu no último ano un 3,3 %.

Fonte| Expansión