O Observatorio de Emancipación determina que a mocidade balear precisa o 123 % do seu salario para alugar unha vivienda | Observatorio de Vivenda

O Observatorio de Emancipación determina que a mocidade balear precisa o 123 % do seu salario para alugar unha vivienda

O Observatorio de Emancipación determina que a mocidade balear precisa o 123 % do seu salario para alugar unha vivienda

O Observatorio de emancipación do Consello da Xuventude de España confirma ás Illas Baleares como a comunidade autónoma onde maior esforzo salarial para o pago do alugueiro debe realizar a mocidade de entre 16 e 29 anos. Concretamente, cada mozo ou moza debería adicar un 123,6 % do seu salario ao pago da renda da vivenda, fronte ao 94,4 % nacional, taxa que descende ao 91,8 % se o que se paga é unha hipoteca. Porén, sorprende que a taxa de emancipación das illas sexa das máis altas de España, un 21,1 % fronte ao 18,6 % do resto do país. Isto pode deberse ás mellores condición laborais das baleares, cun salario medio de 900 euros mensuais, e especialmente a alta porcentaxe de persoas non naturais das illas, sin as cales esta taxa de emancipación descende ao 15 % (que representa a taxa de emancipación entre mozos e mozas nacidas nas illas).

Fonte: Diario de Mallorca