O Parlamento Europeo quere que a UE recoñeza o acceso a unha vivenda digna e asequible como un dereito fundamental | Observatorio de Vivenda

O Parlamento Europeo quere que a UE recoñeza o acceso a unha vivenda digna e asequible como un dereito fundamental

O Parlamento Europeo quere que a UE recoñeza o acceso a unha vivenda digna e asequible como un dereito fundamental

O Parlamento quere que a UE recoñeza o acceso a unha vivenda digna e asequible como un dereiro fundamental e que se adopten medidas para que non haxa máis persoas sen fogar, entendendo por vivenda digna aquela que inclúa acceso a auga potable de calidade, saneamento e hixiene adecuados, así como conexión ás redes de sumidoiros e traída de augas.

Así, o organismo pide que se introduzan a escala da Unión requisitos mínimos obrigatorios para uns fogares saudables, incluida a calidade do aire interior e se lle de prioridade á redución das emisións e á eficiencia enerxética mediante a renovación de vivendas.

Ditas peticións derivan especialmente do aumento da taxa de persoas sen fogar en todos os Estados membro como consecuencia do incremento dos custos da vivenda e ao recorte dos programas sociais e á suspensión das axudas.

Fonte | Parlamento Europeo