O Plan de Recuperación Urbana financiou a rehabilitación de case 260 vivendas en Ribadavia | Observatorio de Vivenda

O Plan de Recuperación Urbana financiou a rehabilitación de case 260 vivendas en Ribadavia

O Plan de Recuperación Urbana financiou a rehabilitación de case 260 vivendas en Ribadavia

Galicia recibiu un total de 230 millóns de euros dende 2021 grazas ao Plan de Recuperación que impulsa o Goberno central. Ribadavia, que conta con dous cascos históricos, acaba de recibir 304.533 euros que permitirán a rehabilitación de 13 vivendas. A cuantía das aportacións repártese da seguinte forma: o Ministerio de Movilidade e Axenda Urbana achegará 209.650 euros, a Xunta 54,174 euros e o Concello os restantes 40.709 euros.

As axudas están enmarcadas no Plan Estatal de Vivenda 2018-2021, na capital do Avia acadáronse dous convenios o pasado decembro co fin de rehabitilitar e renovar o centro histórico de Ribadavia e do casco antigo de San Cristovo. No primeiro as axudas suman 207.914,15 euros para a rehabilitación de oito vivendas, sendo 133.650 euros aportados polo Goberno, 39.729,15 do Concello e 34.535 da Xunta, e no segundo 96.619,28 euros para cinco vivendas, sendo as achegas 76.000,19.639 e 980,28, respectivamente.

Grazas a este tipo de fondos rehabilitáronse xa case 260 inmbuebles. As axudas iniciáronse no ano 2000 e permitiron a rehabilitación de 231 vivendas no centro histórico e outras 25 desde que se iniciou o ARI en San Cristovo. Particulares e entidadades locais poderán beneficiarse destas axudas, a axuda máxima por inmoble é duns 30.000 euros, e o prazo para presentar solicitudes está aberto todo o ano. Os fondos permitirán financiar convocatorias de axudas para a rehabilitación de barrios e edificios, actuacións de mellora de eficiencia enerxética, redacción de proxectos ou programas de apoio ás oficinas de rehabilitación.

 

Fonte | Faro de Vigo