O plan do sector inmobiliario para facilitar o acceso ao alugueiro contempla 800.000 vivendas sociais en 15 anos | Observatorio de Vivenda

O plan do sector inmobiliario para facilitar o acceso ao alugueiro contempla 800.000 vivendas sociais en 15 anos

O plan do sector inmobiliario para facilitar o acceso ao alugueiro contempla 800.000 vivendas sociais en 15 anos

Promover 800.000 vivendas sociais nos próximos 15 anos e empezar inmediatamente. Esa é a folla de ruta que asociacións inmobiliarias sen ánimo de lucro, organizacións profesionais e patronais do sector presentaron ao Goberno, para o que piden un esforzo investidor de 3.450 millóns no próximos tres anos e sostelo durante máis dunha década, a razón de 1.150 millóns anuais.

Estímase que España necesita sumar dous millóns de casas para alugueiro social e sobre ese volume, cren os expertos, un 40% deberían saír de promoción de obra nova. Estas faríanse en colaboración público-privada con un custo medio por piso de 114.000 euros, polo que, calcúlase unha subvención pública de 23.000 euros (un 20% do total, para facilitar que o 80% sexa obtido mediante financiamento). Eses 23.000 euros, multiplicados por 50.000 vivendas ao ano, equivalen aos 1.150 millóns de diñeiro público.

Para complementar o apoio público á materia, o plan contempla máis medidas: facilitar solo, garantir mediante o Instituto de Crédito Oficial (ICO) ou algún outro mecanismo que os promotores privados teñan acceso ao 80% de financiamento necesario e rebaixar o IVA a este tipo de pisos a un tipo superreducido do 4%.

Fonte | El País