O prazo para solicitar unha axuda ao alugueiro remata o vindeiro venres 30 de abril | Observatorio de Vivenda

O prazo para solicitar unha axuda ao alugueiro remata o vindeiro venres 30 de abril

O prazo para solicitar unha axuda ao alugueiro remata o vindeiro venres 30 de abril

Estas subvencións, convocadas no DOG do pasado 30 de marzo, están dirixidas a facilitar o acceso e mantemento da vivenda habitual a persoas e colectivos específicos con escasos recursos económicos, ás que se destina un orzamento global de 2,27 millóns de euros.

Como en convocatorias anteriores, o programa conta con dúas liñas diferenciadas: unha destinada á poboación en xeral, en cuxo caso o importe máximo da axuda poderá ser de 200 euros ao mes ou, se o solicitante ten máis de 65 anos, de 250 euros; e outra dirixida ao colectivo de menores de 35 anos, que poderán optar grazas a ela a unha subvención de ata 250 euros. A duración da axuda será dun ano.

Tamén está aberto o prazo para solicitar unha axuda ao abeiro do Bono de alugueiro social, unha liña de subvencións creada para atender con carácter urxente a unidades de convivencia que pola súa situación de vulnerabilidade teñan dificultades para manter os seus fogares, e o Bono de alugueiro social para vítimas de violencia de xénero, impulsada co mesmo fin pero dirixida a un colectivo especialmente sensible e para o que a vivenda resulta clave.

As persoas que desexen acceder a unha axuda ao alugueiro dispoñen ata o venres, 30 de abril, para presentar unha solicitude.

Fonte | Xunta de Galicia