O presidente da Xunta destaca que o vindeiro ano reforzaránse as axudas para facilitar o acceso á vivenda e a súa rehabilitación cun orzamento ampliable de 56 M€ | Observatorio de Vivenda

O presidente da Xunta destaca que o vindeiro ano reforzaránse as axudas para facilitar o acceso á vivenda e a súa rehabilitación cun orzamento ampliable de 56 M€

O presidente da Xunta destaca que o vindeiro ano reforzaránse as axudas para facilitar o acceso á vivenda e a súa rehabilitación cun orzamento ampliable de 56 M€

Resalta que Galicia xa ten unha das “políticas de vivenda máis ambiciosas” do país e que o obxectivo é facer “máis sinxelo e doado” o acceso da cidadanía a un fogar

Como novidade, as axudas ao alugueiro refórzanse para cubrir ata o 60 % da renda mensual de colectivos con dificultades para acceder a un fogar, como os emigrantes retornados e as persoas que leven inscritas un ano ou máis no Rexistro de Demandantes do IGVS, familias monoparentais e numerosas e menores de 36 anos

Tamén se lanzará unha nova liña dentro das axudas a promotores públicos e privados para construír ou rehabilitar vivendas destinadas a alugueiro, con opción de compra, durante un período mínimo de 15 anos

Baixarase ao 6% o Imposto de Transmisións Patrimoniais no caso de mercar unha vivenda que se vaia rehabilitar de forma inmediata e ao 4% se están en municipios con baixa densidade de poboación

A vicepresidenta segunda resalta os incentivos que pon en marcha a Xunta para incrementar o parque público residencial dispoñible en Galicia.

Fonte.- Xunta de Galicia