O presidente da Xunta entrega as 40 primeiras vivendas de promoción pública no barrio coruñés de Xuxán | Observatorio de Vivenda

O presidente da Xunta entrega as 40 primeiras vivendas de promoción pública no barrio coruñés de Xuxán

O presidente da Xunta entrega as 40 primeiras vivendas de promoción pública no barrio coruñés de Xuxán

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou na entrega das 40 primeiras vivendas de promoción pública (VPP) no barrio coruñés de Xuxán, no cal o Goberno galego vai investir 55 millóns de euros para poñer a disposición da cidadanía un total de 1.600 vivendas protexidas. “Sempre falamos das cousas que son imprescindibles e a vivenda é unha delas, por iso quero destacar o esforzo de cada un dos que recolleron as chaves, e tamén o de todos os galegos e galegas que contribúen, cos seus impostos, a que poidamos seguir facendo política de vivenda pública”, asegurou.

Rueda, acompañado da vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, fixo hoxe entrega das chaves ás familias das primeiras VPP deste barrio, ás que a Xunta destinou 7,5 millóns de euros. En total, o Goberno autonómico prevé construír de forma directa 162 inmobles públicos nestes terreos.

Fonte.- Xunta de Galicia