O presidente da Xunta presenta as medidas sobre vivenda durante a sesión de investidura | Observatorio de Vivenda

O presidente da Xunta presenta as medidas sobre vivenda durante a sesión de investidura

O presidente da Xunta presenta as medidas sobre vivenda durante a sesión de investidura

Durante a sesión de investidura como presidente da Xunta, entre outras áreas de goberno que tamén prevé “reforzar”, concretando na de Vivenda, Alfonso Rueda presentou as medidas que tomará o seu goberno neste aspecto, centrándose principalmente na vivenda protexida.

Entre as medidas presentadas atópanse o obxectivo de desenvolver solo residencial para 20.000 vivendas protexidas, das cales 2.000 serán de alugueiro accesible; rebaixar ata o 3% o Imposto de Transmisións Patrimoniais para a compra de vivenda por parte das familias monoparentais e duplicar o tamaño do parque público de vivenda, pasando dos 3.800 domicilios actuais a 8.000 en 2028. O novo presidente da Xunta informou adicionalmente que as primeiras 375 destas novas vivendas de promoción pública empezaranse a construír nos cen primeiros días do novo Goberno.

Fonte.- La Opinión